Saturday 04 de May de 2024

Carral dá a coñecer a figura de Xela Arias a través da instalación de paneis informativos no municipio


Os departamentos de Cultura e o de Normalización Lingüística veñen de instalar, en diferente puntos de Carral, paneis que ofrecen datos biográficos e da obra literaria de Xela Arias, a autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Con esta iniciativa, que xa se fixo en anos anteriores, preténdese difundir a figura da autora e o seu papel na literatura e na defensa da lingua galega. Os paneis inclúen tamén o poema Intempériome.

O deseño dos paneis difundirase tamén a través da páxina de Facebook Cultura Carral e a do Concello de Carral. Tamén se realizaron deseños semellantes aos paneis para que circulen a través de Whatsapp e Telegram.